|
| |
|
|
Centro Coreográfico Galego "Camiños de Danza"
Data: 04 de setembro Hora: 20:30h. Lugar: Praza da Vila "Camiños en Danza" ciclo iniciado polo Centro Coreográfico Galego (CCG), un novo programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada nun total de 17 concellos galegos. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se desenvolverá ata setembro en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades ubicadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.Co subtítulo de Etheria sae ao teu paso, “Camiños en danza” recolle a actuación de entre 6 e 10 bailaríns e bailarinas integrantes do espectáculo de orixe, que saen ao encontro dos viandantes cunha interpretación de 20 minutos de duración e co acompañamento de música -fundamentalmente percusión- en directo. Os bailaríns realizan unha acción escénica diferente, na que...
Ler máis...
|
|
| |
|