Galician English French German Spanish
Inicio
24 | 09 | 2017
Programa: "Vivas e Visibles"

 
Programa: "Vivas e Visibles"

A  Concellaría de Cultura e Igualdade, botamos a andar o programa VIVAS E VISIBLES coincidindo coa celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller. Un programa cuxo principal obxectivo é contribuír, tamén desde o eido local, a visibilizar a realidade das mulleres e promover a concienciación cidadá sobre a necesidade dunha igualdade real e efectiva. “Vivas e visibles” aposta por iniciativas culturais e educativas como medios para axitar conciencias e transformar realidades: Charlas nos institutos, actividades infantís nos centros de primaria, exposicións, actos de recuperación da memoria histórica das mulleres da comarca... compoñen esta proposta que conta, ademais, con páxina propia en facebook: @vivasevisibles, que desde xa podedes visitar, participar e difundir.

Precisamente do ensino, de centros educativos de Galiza, xorde a exposición AS CONQUISTAS DO FEMINISMO situada no Paso Do Malecón, a mostra fai un repaso pola historia recente da loita feminista e as súas protagonistas: o sufraxio das mulleres, o acceso á súa escolaridade, os dereitos laborais, o aborto… Aspectos que as mozas de hoxe en día dan por garantidos, pero que ata hai relativamente pouco tempo eran cuestións que se nos negaban como mulleres. Son todas elas, polo tanto, conquistas que se acadaron cun inmenso esforzo e que compre por en valor para seguilas garantindo e ampliando.

Desde esta concellaría pensamos que é necesario actuar desde o cercano, en cada vila, en cada cidade e aldea do noso país e do mundo enteiro. Utilizar a cultura e a educación como medios para mudar a realidade. Por iso vos convidamos a visitar esta exposición, situada no Paseo Do Malecón coas vosas nenas e nenos, coa vosa familia, coas vosas amigas e amigos... como un xeito de visualizar que os avances e os dereitos non veñen da nada, que os cambios sociais son lentos, pero son posibles e que entre todas e todos facemos unha Sarria e unha sociedade máis xusta para homes e mulleres. Animámosvos tamén a participar activamente do programa VIVAS E VISIBLES

 

 

 

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 

Delegación de Cultura e Igualdade do Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio