Galician English French German Spanish
Inicio Axenda Actualidade Últimas noticias Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
24 | 09 | 2017
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

 
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade


Ábrese o prazo para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017.

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Servizos ofertados:

  • Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.

Impresos para a participación nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017

Prazo de presentación
de solicitudes: Ata o día 2 de maio.

Custo da praza e bonificación: As persoas participantes deberán ingresar a cantidade establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a concesión da praza.
Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso.
No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do título de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda).

Tríptico Campamentos 2017

 

 

 

Para información xeral pódense dirixir ao número 900 333 666 do Teléfono Social de forma gratuíta. Ou na OMIX do Concello de Sarria

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

OMIX

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio