Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Ficciónate. Ciclo de cinema galego
20 | 07 | 2017
Ficciónate. Ciclo de cinema galego

 
Ficciónate. Ciclo de cinema galego

  • Dia : Sábado 15 de xuño.
  • Lugar : Praza da Vila.
  • Hora : ás  22.00h.

Ficciónate é un ciclo de cinema galego que busca potenciar a actividade cultural e creativa a través de novos talentos do audiovisual.

Neste segunda edición contamos con 4 obras galegas:

Illa pedra.

Curtametraxe de Adriana Páramo protagonizada por María Tasende e Nerea Barros que aborda o tema de emigración. Con tintes autobiográficos, a directora cóntanos a historia de Antía, quen deixa a súa terra e a súa mellor amiga Iria séntese traizoada.

Curricán.

De Álvaro Gago, narra as aventuras de Xoan Curricán na mariñeira Vilanova de Arousa, a súa vinculación co mar e o quefacer diario dun rapaz de aldea co seu avó e irmán. E dado que este ano os musicais están en plena efervescencia grazas ó fenómeno “La la land".

Einstein - Rosen.

Einstein-Rosen de Olga Osorio (premiada en diversos festivais e gañadora do Premio Mestre a mellor curtametraxe 2017) narra a historia de dous irmáns, que, no verán do ano 1982 aseguran atopar un buraco de verme.

Superpunky.

O musical Superpunky pecha a selección desta nova edición de Ficciónate. Protagonizado por Antea Rodríguez e Sabela Arán e coas notas musicais dos grupos Priscila e Monoulious DOP. Unha selección diversa en canto a temática, xénero e concepto audiovisual.

 

 

Entrada libre. En caso de choiva celebrarase na Casa da Cultura

 

 

Organiza:

Concello de Sarria

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio