Galician English French German Spanish
Inicio
22 | 09 | 2017
Escolas Deportivas e Obradoiros Educacionais e Culturais

 

Actividades 2017/2018

Un ano máis o Concello de Sarria presenta o programa de actividades culturais, educacionais e deportivas.

Pago das actividades

O pago deberá efectuarse mediante ingreso na conta de ABANCA nº ES1120800143313110000063. Este documento non será válido sen a certificación mecánica ou selo da Entidade Bancaria.

Formularios

Obradoiros educacionais e escolas deportivas para nenos

  • Prazo de inscricións a partir do día 4 de setembro 2017. En horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas. Limitación de solicitudes: ate que se cubran as prazas

Obradoiros Adultos Cultura

  • Prazo de inscricións a partir do día 4 de setembro 2017. En horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas. Limitación de solicitudes: ate que se cubran as prazas

Actividades Adultos Deportes

  • Prazo preinscricións: do día 4 ao 27 de setembro 2017. En horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas.
  • As datas sinaladas anteriormente para as actividades adultos deportes son de preinscrición. No caso de realizarse un maior número de preinscricións que de prazas dispoñibles, procederase a realizar un sorteo público. A preinscrición pódese formalizar mediante a presentación do formulario, unha vez cuberto, no rexistro de entrada de documentos do Concello, remitilo á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben pola sede electrónica do Concello.
  • Limitación de solicitudes: non haberá límite de solicitudes pero despois do sorteo soamente se poderá formalizar a matrícula dun máximo de dúas actividades.
  • A data do sorteo público para a adxudicación das prazas será o día 3 de outubro.

 

Información e Inscricións:

Os impresos poderanse descargar ou recollelos na oficina da O.M.I.X do Concello de Sarria.

O.M.I.X  do Concello de Sarria
982 535 000

Concello de Sarria

 

As datas sinaladas anteriormente son as datas de preinscrición. No caso de realizarse un maior número de preinscricións que de prazas dispoñibles, procederase a realizar un sorteo público.

A preinscrición pódese formalizar mediante a presentación do formulario, unha vez cuberto, no rexistro de entrada de documentos do Concello ou ben remitirse á dirección de correo electrónico
  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio