Galician English French German Spanish
21 | 10 | 2017
Cursos alfabetización dixital na Aula CeMIT

 

CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Sarria conta coas seguintes actividades formativas para os meses de setembro e outubro:

"Aprende a manexar a tableta" para maiores de 45 anos, no que a aula CeMIT do Concello de Sarria prestará os dispositivos ás alumnas e alumnos para aprender a utilizar estes dispositivos dunha forma práctica. Desde o martes 19 de setembro ata o mércores 27 de setembro, de 10:00 a 12:30; os martes, mércores e xoves.

"Curso de iniciación á informática e Internet", dirixido a persoas sen coñecementos co obxectivo de adquirir competencias básicas no manexo de equipos informáticos, a busca de información na Internet e o uso do correo electrónico. Desde o martes 19 de setembro ata o venres 20 de outubro, de 17:00 a 18:40; os luns, martes e venres.

"Curso de busca de emprego a través da Internet", orientada a persoas desempregadas con coñecementos básicos de Internet e correo electrónico. Desde o xoves 28 de setembro ata o martes 17 de outubro, de 09:30 a 11:10; os martes, mércores e xoves.


 

A maiores a aula ofrece un horario de aula aberta para un uso libre dos equipos por parte dos usuarios. O horario de aula aberta será todas as tardes de 15:00 a 17:00 e a partir do 28 de setembro tamén en horario de mañá os martes, mércores e xoves de 11:10 a 13:00. Mentres non comecen os cursos, todo o horario será de aula aberta.

Máis información no teléfono 982 53 52 34, escribindo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou na páxina web da Rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal

 

Centro Multimedia de Galicia

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio