Galician English French German Spanish
Inicio
21 | 10 | 2017
Sarria, sede para o "Claustro Docente da Federación Galega de Baloncesto"

 
Claustro Docente FGB

A Área Deportiva FGB dá a coñecer os primeiros detalles dunha nova edición do xa consolidado “Claustro Docente FGB”, cita que reúne sempre a valiosos adestradores galegos e nacionais que achegan a súa experiencia durante unha xornada completa de formación e baloncesto .

A convocatoria actual celebrarase o vindeiro 12 de outubro na vila de Sarria, contando coa indispensable colaboración do Concello local e co apoio do C. B. Sarria. Da man de ambas entidades, a FGB reunirá no Polideportivo Novo Chanto de Sarria aos adestradores Tito Díaz, Ricard Casas, Manu Santos e Miguel Méndez.

Os catro configurarán un programa que, a falta de ultimar as súas temáticas, repartirá as intervencións do seguinte xeito:

  • (10:30 h) Tito Díaz.
  • (12:15 h) Ricard Casas.
  • (16:15 h) Manu Santos.
  • (18:00 h) Miguel Méndez.

Inscrición

Todos os interesados en solicitar a súa participación neste “Claustro Docente FGB” deben enviar mail, antes do vindeiro mércores 11 de outubro, a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Nesta comunicación é preciso indicar os datos persoais correspondentes e confirmar, en caso afirmativo, a asistencia ao xantar que se ofrecerá, baixo unha cota de 12 euros, da man dos propios organizadores da actividade.

Validación

A Área Deportiva FGB establece diferentes grados de validación horaria para este "Claustro Docente FGB". Así, aos alumnos dos Cursos de Nivel 1, Nivel 2 e CES que asistan voluntariamente corresponderanlle un total de 12 horas de formación complementaria. Pola súa banda, esta cifra será de 6 horas no caso de iniciación.

 

 

 

Organiza:

C.B. Sarria

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio