Galician English French German Spanish
Inicio Concello Urbanismo Oficina de Rehabillitación
21 | 11 | 2017
Oficina de Rehabilitación

 

Quen Somos

A oficina de rehabilitación fórmase trala firma, no ano 2004, do convenio entre a Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Vivenda e Só e o Concello de Sarria para intervencións dentro do Area de Rehabilitación Integrada.

O seu traballo consiste na tramitación, tanto administrativa como técnica, das axudas que se conceden.

O convenio asinado estipula que nos próximos catro anos intervéñase a razón de 25 vivendas cun importe total de 200.000 euros por ano a repartir entre as 25 obras anuais. O importe das subvencións depende do orzamento das obras e dos ingreso dos propietarios. Para máis información sobre o reparto de cantidades consultar ordenanza.

A oficina funciona como un estudo de arquitectura ao servizo dos particulares aberto a resolver calquera consulta e funcionando como portelo único para todos os tramites de proxecto e xestión. Desde a solicitude ata a entrega das subvencións todo se tramita desde a oficina para agilizar o proceso.

 

Fases


Na actualidade as 25 primeiras obras están en distintas fases de tramitación.

Cales son estas Fases:

1. solicitude: Entre febreiro e maio de cada ano. Aínda que se recollen durante todo o ano. A finais de abril decídense as 25 obras a executar.
2. execución dos proxectos: Comézanse por estrita orde de solicitude. Dende a primeira a ultíma debúxanse as vivendas e proxéctanse as obras sexa cal fose o seu volume. Establécese un dialogo constante co propietario para satisfacer as súas necesidades e compaxinalas cos criterios de conservación do patrimonio apoiadas na ordenanza vixente. Cada vivenda estúdase particularmente sendo flexibles co xa construído.
3. envio dos proxectos a Santiago: Todos aqueles que se atopen en Camiño de Santiago deben enviarse á súa aprobación en Patrimonio.
4. concesión de licenza: Inmediata desde o informe de Patrimonio. E exenta do pago nun 95% desta ao tramitarse a través da oficina.
5. execución das obras.
6. certificación do final de obra e concesión de subvención.

 

Documentación

  • Fotocopia do D.N.I da persoa solicitante e , no seu caso , do seu representante.

  • Documentación acreditativa da propiedade do inmoble: Contrato de compra venda, certificación ou nota simple do Rexistro, escritura de partición do legado hereditario, testamento e certificado de ultimas vontades, escritura publica de donación, ou calquera outra documentación que xustifique suficientemente a titularidad do inmoble.

  • No caso de tratarse de inmueble suxeito a aluguer, se as obras son promovidas polo inquilino, deberá presentarse fotocopia do contrato de arrendamento e do convenio entre a persoa propietaria e a inquilina no que se faga constar unha descrición daquelas e a autorización do titular para realizalas. Se as obras son promovidas pola persoa propietaria, deberá presentar o convenio entre esta e a persoa inquilina, de existir ,non que se faga constar a súa conformidad coas mesmas e ,de ser o caso, o seu repercusión no renda contractual e en las demais condicións pactadas.

  • Fotocopia da declaración da renda conxunta ou individual de todos os membros da unidade familiar, referida ao periodo imposto inmediatamente anterior ao momento de solicitude das axudas.

  • No caso de non realizar a declaración da renda, deberase presentar unha certificación de facenda na que se exprese tal circunstancia e unha fotocopia do libro de familia. Para xustificar os ingresos, deberase presentar certificado das retenciones practicadas pola empresa ou certificación da cantidade da pensión emitida polo organismo correspondente, cando se trate de xubilados ou pensionistas. De non poder acreditarse os ingresos mediante algún dos documentos relacionados, debe presentarse unha declaración responsable da cantidade de ingresos recibidos e do seu procedencia. O concello poderá esixir a documentación que considere oportuna en cada caso para xustificar a veracidad de tal declaración.

  • Cando se trate de actuacións nos elementos comúns dos edificios en réxime de propiedade horizontal, deberase presentar a certificación do secretario da comunidade de propietarios da acta de reunión na que se designo ao seu presidente e da acta na que se recolla o acordo da realización das obras. Se non existise comunidade de propietarios legalmente constituída, deberase presentar un escrito no que conste a conformidad dos propietarios coa realización das mesmas.

Obras Significativas

 

Obras Significativas Diseño Urbano

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio