English French German Spanish Galician
Inicio Concello Cultura Bases Concurso de Deseño de Tarxetas Nadal '09
18 | 06 | 2013
Bases Concurso de Deseño de Tarxetas Nadal '09

 

 

ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN SARRICANTA, CO PATROCINIO

DA AREA DE CULTURA DO CONCELLO DE SARRIA.

1ª- Poderán participar tódalas persoas que o desexen.

2ª- Os traballos deberán constar de parte gráfica e tamén de texto. A técnica será libre, o deseño referirase ás festas do Nadal, preferentemente relacionado con Sarria e o seu patrimonio (cultural, histórico-artístico, paisaxístico, Camiño de Santiago, etc), presentaranse en cartulina formato A5, o texto poderá ser en prosa ou en verso e sempre en galego.

3ª- Cada participante só poderá presentar un traballo.

4ª- Os traballos serán inéditos e orixinais.

5ª- Serán entregados ou enviados ó departamento de Cultura do Concello de Sarria (Rúa Maior, 14), o prazo de presentación rematará o VENRES 11 DE DECEMBRO DE 2009, ás 14,00 horas. NON SE ADMITEN TRABALLOS FORA DE PRAZO.

6ª- Cada traballo presentarase nun sobre, levando no seu interior outro sobre pechado coa seguinte información: Nome, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto.

7ª- Establécese un único premio de 200 euros para o gañador.

8ª- O traballo premiado quedará en propiedade do Concello de Sarria.

9ª- O xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas, representantes do Concello e Sarricanta (con voz pero sen voto), sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto os premio.

10ª- O Concello poderá utilizar o traballo premiado noutras publicacións relacionadas ou non coas festas do Nadal. Os traballos non premiados poderán ser expostos.

11ª- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

NOTA: Os traballos, no caso de ser expostos, terán 15 días despois do peche da exposición, para ser retirados, de non ser así pasarán a ser propiedade do Concello de Sarria.

 

  Compartir
Cartel
  • Luis Gabú. Arte e ritual na Catedral de Santiago de Compostela

    [07/06/2013 09:30 - 01/09/2013 22:00]
    Selección de 20 fotografías realizadas por Luis Gabú, que son o resultado da súa experiencia e investigacións levadas a cabo sobre o Xacobeo 2010 e as peregrinacións a Compostela.

  • Clima.Cultura.Cambio

    [11/06/2013 20:00 - 22/06/2013 23:00]
    Ciclo de cine ambiental que se enmarca dentro da exposición 'Orinoco. Viaxe a un mundo perdido'