|
Declaración Institucional. Día Internacional da Muller |
|
Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Sarria proponse manter e continuar o labor desenvolvido por millóns de mulleres que contribuiron co seu traballo, esforzo e, en moitos casos, coas súas vidas, á defensa da Igualdade e dos dereitos das mulleres.
|
 |
|
Comprométese, no marco dos obxectivos estratéxicos, operativos e das medidas establecidas no I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal 2007-2010, a seguir a impulsar accións positivas que axuden a modificar aquelas conductas sociais que están a impedir en gran medida esta tarefa.
O 8 de marzo, é un día para celebrar os lograos que entre todos e todas imos conseguindo , pero tamén para acordarnos que o presente determina o noso futuro e por tal motivo necesitamos a túa colaboración, as túas ganas e a túa forza para seguir avanzando e achegango a homes e mulleres á igualdade real. Unha igualdade que estea reflectida tanto nos dereitos como nos feitos.
Oxalá cada día consigamos crear. polo menos, unha imaxe máis para a igualdade.
Alcemos a nosa voz e comprometámonos. A igualdade é unha cuestión de todos/as.
|
|
|