|
Programa de Educación pola Mobilidade da Fundación RACC |
|
|
|
|
|

|
|
O obxectivo da actividade é ensinar os valores cívicos desde a infancia, que posteriormente se traducen nunha mobilidade máis segura a través do ensino da educación en valores, un feito que contribúe á redución da sinistralidade e dos accidentes dos futuros condutores.
No Programa de Educación pola Mobilidade participarán 250 alumnos de 4 centros escolares, o equivalente a 10 clases de Educación Primaria. As actividades que se realizarán van desde vídeos de divulgación sobre Seguridade Viaria até xogos interactivos incluídos nun CD-ROM. O PEM ten un carácter interdisciplinar. Está deseñado de forma que o profesor pode achegarse á temática da seguridade viaria desde calquera das materias que se imparten normalmente.
Folleto explicativo
Calendario para a realización do Programa de Educación pola Mobilidade da Fundación RACC en Sarria dentro do Programa Concellos Saudab les
LUNS E MARTES, 8 e 9 DE MARZO DE 2010 CEIP Frei Luis de Granada.
MÉRCORES, 10 DE MARZO DE 2010 CPR La Merced.
XOVES, 11 DE MARZO DE 2010 CPR Ntra. Sra. de Asunción.
VENRES, 12 DE MARZO DE 2010 CEIP Antonio López.
|
|
|