| XLVIII Curso de Saúde Ambiental |
|
Sarria acollerá o XLVIII Curso de Saúde Ambiental e converterase en punto de encontro de ambientalistas da provincia de Lugo e referencia ambiental de Galicia, do 19 ao 22 de setembro.ESTRUCTURA DO CURSO (PROGRAMA) 4 mesas redondas e visitas prácticas conforman a estrutura do curso, no que participarán 23 relatores de recoñecido prestixio procedentes de universidades (USC, UV e UPM); altos cargos e técnicos das Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, Deputación Provincial de Lugo e concellos de Lugo e Monforte de Lemos; xestores de entidades e empresas relevantes de Galicia, etc.
Programa completo do XLVIII Curso de Saúde Ambiental RECOÑECEMENTOS E ACREDITACIÓNS, LIBRO DE RELATORIOS E DIPLOMA ACREDITATIVO O curso conta co valioso respaldo da Sociedade Española de Sanidade Ambiental e da Asociación Española de Ciencias Administrativas/Instituto Internacional de Ciencias Administrativas-Sección Española así como co recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade. Está en proceso de tramitación a acreditación académica da USC (1 crédito de libre configuración). Os cursillistas recibirán a publicación do Libro de Relatorios e un diploma acreditativo de asistencia. Ten a súa sede no Concello de Sarria, onde se poderá solicitar información do curso e formalizar as inscricións (Tel.: 982 53 50 00 / Fax: 982 53 09 16 / Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Ofértanse 60 prazas. A cota de inscrición é de 30,00 euros. Concederanse 30 bolsas gratuítas a aqueles que acrediten algunha das seguintes condicións:
Visita práctica as instalacións de Cementos Cosmos
Visita práctica a Planta de Transferencia de SOGAMA
|

