| Protectores nas árbores en Sarria |
|
Os actos de vandalismo e incivismo que sofren as árbores dalgunhas rúas de Sarria levaron ao Concello a instalar unhas proteccións ao redor das plantas para evitar novos danos. Neste viario había oito árbores, aínda que só dúas permanecían intactos ata agora. Por iso, persoal da brigada de medio ambiente plantou novos exemplares e comezou a colocar as reixas. Esta delegación continuará coa colocación das proteccións noutros viarios. O próximo lugar beneficiado será Vigo de Sarria, barrio situado na entrada á vila polo Camiño de Santiago e sometido a obras de mellora fai uns dous anos. O Concello proxecta así mesmo repor árbores e dotalos de reixas na Rúa Músico Chané. Esta rúa, situada na zona de viños, foi obxecto de numerosos actos de vandalismo durante os fins de semana desde que se reformou no ano 2009 pasando a ser peonil.
|













