|
Son muchos los años pasados desde que se empezó a hablar de la promoción de un proyecto integral museístico para la villa de Sarria, que pasaba por una concepción multipolar, de manera que superando el concepto de única sede expositiva se gravita sobre diversos ejes de atención.
Eran tiempos ilusionantes , despues frustrados, del PROYECTO ARQUEOLÒGICO VAL DO MAO - VAL DO SARRIA, que, con todo, empieza a dar frutos por la vía de la sensibilización y puesta en valor de diversos puntos de interés. Antes ya de aquellos años , de la mano del padre mercedario e historiador Jaime Solla Fontán, fué naciendo un pequeño Museo en el Mosnasteiro de la Madelana-Convento de la Mercé, donde fué reuniendo diversas piezas de origen castreño, de la escuela de entalladores de Sarria, orfebrería , libros curiosos, arte sacro..., en un labor poco destacado y menos divulgado, que merecería el apoyo para que las pequeñas salas donde se exponen se convirtiesen en un espacio más amplio , para lo que el antiguo refectorio podría ser un adecuado lugar , teniendo además en cuenta la accesibilidad e integración del mismo en el conjunto de iglesia-claustroescalera.
Ese pequeño Museo está en buena linea, y en mejores manos, y bien merece el apoyo de las autoridades y de los sarrianos en general para llevarlo adelante. Y si se completa con el “aparcado” proyecto de realización de un mosaico jacobeo, personal y meritorio empeño del padre Sanmillán, este museo tendrá fuerza para alcanzar un buen suceso. Mais o proxecto inicialmente concebido era de máis altos voos. Víñase manexando a idea de que a Torre da Fortaleza coa súa contorna, Igrexa de San Salvador, Casa dos Perez- Batallón, Casa dos Caseiros , Prisión Preventiva etc. , servisen de núcleo central ao futuro Museu das Terras de Sárria, e que ao propio tempo entrasen na solución global os Muiños da vila , o magnifico espazo das Aceas , o castro de San Cosme e o Mazo de Arxemil. Conxugaríase así o histórico e documental, co artístico, o etnográfico e o medio natural, acadando un grao de sensibilización que permitiría que , atendendo tamén aos aspectos xacobeos, se puxese en valor todo o rico patrimonio cultural da Comarca. Por desgraza o intento de organizar un Padroado Promotor do Museu Comarcal, diante da mutabilidade política, non deu froito , e o proxecto móvese na nebulosa da inconcreción e do desexo voluntarista, sen que se saiba xiquer que foi dalgunhas pezas doadas por persoas que responderan ao chamamento do concelleiro Francisco Miranda e que servían de fondo inicial. A adquisición pola Xunta de Galicia do Muiño do Toleiro é unha boa nova, porque estando nun enclave privilexiado, a súa recuperación ara usos museisticos promete ser meticulosa. Hai tamén a colección de escultura e pintura que o Centro Cultural Meigas e Trasgos CIT foi formando cos premiados nas Bienais de Arte, que é de agardar mereza maior atención e difusión que a que se lle deu ata de agora. Hai nesa colección boas pezas e obra de autores hoxe consagrados, e iso esixe que haxa que considerar a colección como merecente de coidado. Os anticuarios sarriaos, pola súa parte, en varias ocasións reiteraron a súa oferta de que, cando se dote a Sárria dun Museu, farán aportacións de pezas para seren expostas. Xenerosa oferta que merece a oportuna reposta.E ainda hai que recordar como parte da magnífica colección dos oleiros de Vilaceite ( Samos ) foi ofrecida ao Concello , en moi boas condicións, e non se deu resposta a ese ofrecemento. Son xa máis de vinte e cinco anos os que van pasados dende que se empezou a falar con seriedade da promoción do Museu, e ou se leva adiante a constitución dun Padroado Pro- Museu , con participación de todos os sectores implicados, ou moito é de temer que non se consiga facelo realidade. ( Parece que agora sí, que se vai botar man do Mazo de Arxemil. Non estaría de máis que dentro daquel proxecto global se empezase a pensar o Castro de Santo Estevo, tan perto, e tan descoñecido ).
|