| Iniciativa “Tomando as rendas” |
|
O Concello de Sarria en colaboración coa Rede CeMIT pon en marcha o proxecto "Tomando ás rendas", unha iniciativa sobre o fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais. Unha serie de servizos que che facilitarán a posta en marcha do teu negocio, como formación presencial en capacitación dixital impartida na aula CeMIT e módulos de formación online sobre Plans de empresa a través da plataforma www.tomandolasriendas.es, para que aprendas todo o que tes que saber como emprendedora e sobre as novas tecnoloxías. Ademais, terás á túa disposición unha asesora que te acompañará no proceso de posta en marcha do teu negocio e axudarache a resolver as túas dúbidas. Recibirás asesoramento á hora de pedir un microcrédito para que obteñas o financiamento necesaria para o teu negocio. A iniciativa conta cunha charla o día 5 de Xullo que ten como obxectivo achegar a realidade do mundo da empresa ás usuarias, e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos. "Tomando ás rendas” é un proxecto da Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade (Fundetec), en colaboración coa Xunta de Galicia, Plataforma Enlaces e a Federación Deglobé, e enmarcado no Subprograma Avanza Ciudadanía Dixital do Ministeriode Industria, Enerxía e Turismo.
Obxectivo
A quen vai dirixido?
Que ofrecemos?
En que asesoramos? Dende a conceptualización da idea ata a posta en marcha dunha empresa, é dicir, en todo o proceso. InscriciónPARA INSCRIBIRSE NA INICIATIVA, REALICE OS SEGUINTES PASOS: Rexístrate como usuaria da Rede CeMIT na aula de Sarria e solicita a adhesión ao programa, antes do 18 de xuño. Realizada a prescrición, debes chamar ao teléfono 981 552 568 e concertar cita para pasar pola túa aula CeMIT e finalizar o teu rexistro como usuaria da rede. Tamén poderás facer directamente a inscrición acudindo persoalmente a aula CeMIT situada na planta 0 da Casa da Cultura de Sarria (c/Marques de Ugena s/n) Poderás solicitar máis información sobre a iniciativa enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Enviarémosche un documento informativo no que se explica máis detidamente os contidos e fases do proxecto. Talleres
Folleto iniciativa Tomando as rendas
|
