Probas de avaliación en competencias claves |

Aberto ata o 10 de abril de 2014 o prazo de inscrición para as probas de avaliación en competencias claves que convoca a Consellería de Traballo e Benestar. Estes exames están dirixidos ás persoas que non posúan os requisitos académicos requiridos para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade.
As/os interesadas/os poderán tramitar a súa solicitude no departamento de orientación laboral do Centro de Información á Muller (CIM), situado na Casa do Marqués, rúa Matías López, 33.
As probas previse que terán lugar no Recinto Feiral de Silleda o día 24 de maio e serán para os niveis 2 e 3. En concreto, para catro competencias ou materias: matemáticas, lingua castelá lingua galega e lingua extranxeira (inglés).
A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que se vén realizando nos últimos anos en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. Unha das principais novidades que introducen é a de esixir uns requisitos de acceso para o alumnado, de xeito que aseguren que contan cunha formación mínima para seguir con aproveitamento a acción formativa na que participan.
Toda a información que se precise ao respecto destas probas pode consultarse na web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave, ou ben no departamento de orientación laboral do CIM en horario de 9:00-14:30 horas.
Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Centro de Información á Muller
Horario e Ubicación:
De luns a venres de 09:00 a 15:00 horas. Matías López 33. Casa do Marqués. 27600 Sarria. (Lugo)
Tfno: 982 53 50 61 Fax: 982 53 50 16
|