Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades III Programa de apoio ao Emprendemento Agroalimentario
16 | 12 | 2019
III Programa de apoio ao Emprendemento Agroalimentario

 
Programa de Apoio ao Emprendemento Agropecuario

A Fundación JUANA DE VEGA convoca o III Programa de apoio ao Emprendemento Agroalimentario

Os seus obxectivos:

  1. Apoiar técnica e economicamente as iniciativas emprendedoras agroalimentarias.
  2. Conseguir niveis altos de competitividade, produtividade e orientación no mercado do sector agroalimentario mediante o fomento da cooperación, a diferenciación, a innovación e a calidade.
  3. Poñer en valor activos rurais improdutivos e facilitar a sucesión en empresas e explotacións agroalimentarias familiares de Galicia.

A quen vai dirixido:

A emprendedores/as con:

  • Proxectos de empresas de nova creación.
  • Proxectos de sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Proxectos cooperativos.
  • Proxectos de posta en valor de activos rurais improdutivos.

En xeral, a calquera proxecto individual ou colectivo de carácter innovador que poña en valor os produtos agroalimentarios galegos.



Prazo de inscrición: ata o 23 de novembro de 2014

¿Queres participar no programa?

-    Só tes que cubrir os datos no formulario. Poñeranse en contacto contigo.

Pincha en: http://www.juanadevega.org/programaempresas/?lang=ga


Para calquera dúbida ou axuda no cumprimento do formulario, non dubides en achegarte ao departamento de Orientación Laboral nas Dependencias do CIM (Casa do Marqués) ou chamar: 982535061.

Centro de Infomación á Muller

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio