Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Talleres de crecemento persoal organizados polo CIM
10 | 12 | 2019
Talleres de crecemento persoal organizados polo CIM

 
II Plan Municipal para a Igualdade de Mulleres e Homes 2014-2017

 

Enmarcados dentro do 3º e 4º eixe de intervención do II Plan municipal para a Igualdade de Mulleres e Homes de Sarria 2014-2017, o CIM abre o prazo de inscrición para participar en tres talleres de crecemento persoal: "Relaxación", "Autoestima" e "Aprende a coidarte".

O obxectivo destes talleres é facilitar o empoderamento das mulleres participantes, a súa propia autonomía, autocoidado e benestar persoal.

A metodoloxía é práctica e vivencial. Propoñemos todo tipo de dinámicas e actividades para aprender experimentando e divertíndonos; entendendo como se relacionan os nosos pensamentos, as nosas emocións e o noso corpo.

 

Talleres de crecemento persoal

 

Se te interesa algún dos talleres só tes que enviarnos un correo ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) ou chamarnos ao 982535061. Comenzaremos o vindeiro 27 de outubro.

 

Centro de Información á Muller

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio