Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero
16 | 12 | 2019
Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero

 
Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero

 

Está aberto o prazo para participar no I concurso de lemas ilustrados contra a violencia de xénero.


A Delegación de promoción económica e igualdade, a través do CIM, organiza este certame 'Propostas con fondo contra a violencia de xénero' co obxecto de implicar ao alumnado dos centros escolares de 3º e 4º da ESO, bacharelato, PCPI e ciclos formativos de grao medio e de grao superior que estea matriculado nos centros educativos públicos e concertados da comarca.

A participación pode ser individual ou por parellas. Os lemas ou slogans ilustrados poderanse entregar ata o 28 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de Sarria ou no Centro de Información á Muller. Tamén os recibiremos no mail do servizo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Un xurado valorará o contido, a mensaxe, interese, orixinalidade, calidade, impacto e presentación, seleccionando un máximo de cinco traballos que se exporán ata o día 5 de decembro de 2014 na páxina de Facebook do Concello de Sarria para que poidan ser votados mediante o “Gústame". As votacións pecharanse ás 14:00 horas. Será o 12 de decembro cando se entreguen os premios no Salón de Plenos do Concello.

Os/as gañadores/as recibirán unha tablet. O segundo premio serán vales en material escolar e/ou informático. O terceiro un pendrive.

 

Ficha inscrición

Bases concurso

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio