Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Día Internacional contra a Violencia de Xénero
18 | 08 | 2019
Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 
Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

No marco das accións de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero leváronse a cabo actuacións de sensibilización e prevención no IES Gregorio Fernández e no Xograr Afonso os días 18, 19 e 21 de novembro, co alumnado de 3º e 4º da ESO.

O xoves 20, a psicóloga do CIM, Noelia Gómez, estivo no colexio da Asunción con estes mesmos cursos. O 24 e 25 de novembro, en horario de tarde, realizaranse as actividades de coeducación “A rosca da igualdade” e “Carreiras de caracois contra a violencia de xénero” en 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP San Miguel de Paradela. E na primeira semana de decembro, estaremos tamén no CEIP do Páramo dentro das actuacións enmarcadas na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que forman parte todos estes concellos.

Por outra banda, está aberto o prazo para participar I concurso de lemas ilustrados contra a violencia de xénero.

Rematarán as actuacións de conmemoración do 25/11/2014 cunha obra de teatro o sábado 29 de novembro ás 19:00 horas: "A muller soa" de Ana Plaza.

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio