Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Convocatoria procedemento recoñecemento competencias profesionais
16 | 12 | 2019
Convocatoria procedemento recoñecemento competencias profesionais

 
Consellería de Traballo e Benestar

Aberto ata o 03/01/2015 e o 15/03/2015 o prazo de inscrición para a convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
  • Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
  • Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas.

O procedemento realizarase en dous períodos:

  1. Para aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria: Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación; só terán que formalizar o pagamento das taxas.A partir do día 15 de decembro de 2014, a través da páxina web da consellería, indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata. As listas definitivas de persoas en lista de espera están dispoñibles para a súa consulta no dito enderezo web.
  2. Para todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria, deberán cumprir os requisitos que se sinalan nas bases desta convocatoria. O prazo de inscrición para estas persoas será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (3 de xaneiro de 2015) e para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) e transporte sanitario (SAN025_2) abranguerá desde o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive.

Toda a información que se precise ao respecto desta convocatoria pode consultarse na web da Consellería de Traballo e Benestar, ou ben no departamento de orientación laboral do CIM en horario de 9:00-14:30 horas.

 

Aberto o prazo de inscrción ata o 03/01/2015 e o 15/03/2015

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio