Galician English French German Spanish
Inicio
12 | 11 | 2019
Ampliación do centro de saúde de Sarria PDF Imprimir Correo-e
 
 

Esta ampliación representará, segundo a titular da sanidade pública galega, "unha mellora na calidade asistencial dado que permitirá incrementar los espazos cunhas modernas intalacións que facilitarán o traballo e a comodidade do equipo profesional e dos usuarios e usuarias".

Neste sentido, María José Rubio Vidal que nesta visita a Sarria estivo acompañada do delegado de Sanidade en Lugo, Miguel Ángel Rodríguez Lois, e do director provincial do Servizo Galego de Saúde, José Luís Rodríguez López, anunció que coa ampliación do centro " poderemos incorporar un novo especialista en Medicina de Familia e outro en Pediatría".

A conselleira de Sanidade aproveitou a súa visita a Sarria para agradecer públicamente o traballo dos profesionais de Atención Primaria "porque ó largo de todo o período estival fixeron un esforzo moi salientable para garantir a calidade de asistencia a cidadanía, axustando o seu dereito a un descanso, e facendo intersubstitucións, ou prolongando as súas xornadas laborais á vista de das dificultades que tínamos para dispor de profesionais que os puidesen substituir no verán".   
O concello de Sarria ten unha poboación protexida de máis de 13.000 habitantes, dos que 1.400 son menores de 15 años  e 3.500 son maiores de 64. Segundo a consellería de Sanidade, "a dotación de profesionais sanitarios -11 profesionais médicos, dous pediatras, que se ocupan da asistencia é aceptable, porque están cumplindo os ratios previstos no Plan de Mellora da Atención Primaria"
 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio