Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Día internacional da muller traballadora
18 | 08 | 2019
Día internacional da muller traballadora

 
Día internacional da muller traballadora

O vindeiro domingo conmemoramos o día internacional da muller traballadora. Este año queremos lanzar unha campaña de sensibilización na que pedimos a implicación de toda a poboación: Convértete nun bo exemplo poñendo o teu gran de area na construción dunha Sarria máis xusta e igualitaria. O teu compromiso garante o progreso social.

 

Campaña institucional



Utilizamos o lema gañador do certame escolar contra a violencia de xénero para ilustrar o noso propósito: Escorre ata última gota de desigualdade.

Trátase de xuntar o maior número de imaxes de situacións cotiáns que representen o progreso social que ata o de agora acadamos xuntos/as:

  1. Facer visibles as mulleres que traballan nos nosos pobos e recoñecerlles o seu labor no desenvolvemento social, cultural e económico.
  2. Cuestionar a desigualdade e a tradicional supremacía masculina: Eu comparto as responsabilidades do fogar, eu rexeito a violencia de xénero, eu aprendo coas achegas das compañeiras do colexio, eu estou a favor dun horario laboral que favoreza a conciliación, eu xogo coas nenas no recreo, eu emprego unha linguaxe que inclúe as mulleres, eu creo que a presenza das mulleres nos espazos públicos non é neutral...

Á vez que reivindicamos aqueles escollos que aínda percibimos para poder falar dunha igualdade plena e real, no noso país e fóra das nosas fronteiras: a trata de persoas e o turismo sexual, o aumento de clixés sexistas entre a mocidade, a publicidade discriminatoria, a mutilación xenital feminina, a desigual repartición de responsabilidades dos coidados familiares, as dificultades de conciliación que obstaculizan as decisións das mulleres.

Con esta campaña institucional de sensibilización, dirixida a todos os sectores da poboación e que manteremos durante todo o mes de marzo, queremos eloxiar o papel de todas as persoas que defenden a diario a igualdade de xénero; libres de estereotipos e prexuízos sociais.

Animámosvos a participar enviándonos as vosas achegas ao correo do servizo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Delas daremos conta no facebook do concello.


Pola súa banda, abrimos o prazo de inscrición para participar en novos talleres de crecemento persoal e relaxación e dende a área de psicoloxía realizaremos talleres de coeducación, dirixidos aos últimos cursos de educación primaria dos centros da vila.

Talleres CIM 2015

 

 

Centro de Información á Muller

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio