Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Probas de avaliación en competencias clave
16 | 12 | 2019
Probas de avaliación en competencias clave

 
Centro de Información á Muller

Convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Defínese esta orde como un instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

Resolución do 26 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, (DOG nº 51 do 16/03/2015)

As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade, dos niveis de cualificación 2 e 3, son: Matemáticas, Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega.

Pódese presentar a solicitude ata o 10/04/2015.

Máis información para a súa tramitación no Departamento de Orientación Laboral do CIM (Casa do Marqués)

  • Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de abril de 2015
  • Publicación da lista provisional de admitidos: 7 de maio de 2015
  • Presentación de alegacións: Ata o 12 de maio de 2015
  • Publicación da lista definitiva de admitidos: 20 de maio de 2015

Realización das probas:

  • Competencias clave de nivel 2: 9.00 horas
  • Competencias clave de nivel 3: 15:30 horas

Os dous niveis o día 23 de maio de 2015

  • Publicación dos resultados provisionais das probas: 6 de xuño de 2015
  • Presentación de reclamacións: Ata o 10 de xuño de 2015
  • Publicación dos resultados definitivos das probas: 20 de xuño de 2015

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio