Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades II Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero
16 | 12 | 2019
II Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero

 
II Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero

No marco dos actos do día internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora anualmente o 25 de novembro de 2015, a Delegación de Cultura, Igualdade e Xuventude, a través do CIM convoca o II concurso de lemas ilustrados: por unha convivencia sen violencia de xénero, escorre ata última gota de desigualdade.

O obxectivo desta nova edición é promover a participación social da mocidade da comarca, o sentido crítico e a responsabilidade que a sociedade debe ter ante un problema que nos afecta a toda a cidadanía.

Nesta ocasión buscamos mensaxes esperanzadoras, que nos conduzan ata a raíz da violencia de xénero. Os slogans que se presenten deben contribuír a promover a creación de modelos de relación baseados na igualdade, o bo trato e o respecto mutuo. Pretendemos "encher a rede de mensaxes alternativas” con referentes positivos sobre os que a mocidade considere que se deben construír as relacións de parella, a convivencia entre sexos. Deben facer visible o problema social e as súas causas ou incidir directamente na necesidade de intervención conxunta ante o máis mínimo sinal de alarma.

A actividade enmárcase no eixe de intervención socializador do II Plan de Igualdade do Concello de Sarria 2014-2017, dentro do obxectivo operativo 1: Favorecer a eliminación dos estereotipos e roles de xénero fomentando o afianzamento da educación en valores como ferramenta estratéxica, en colaboración con todos os axentes
sociais.

Baixo o lema gañador da primeira edición 'Escorre ata a última gota de desigualdade', unha vez máis, consideramos o ámbito educativo o máis idóneo para continuar a promover avances en prol dunha igualdade real entre mulleres e homes. A loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións debe continuar a centrarse nas primeiras etapas da cadea: na concienciación de que estamos ante un problema social que só poderemos afrontar derrubando as barreiras de xénero aínda existentes.

Os lemas ou slogans ilustrados recibirémolos ata o luns 30 de novembro no mail do servizo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Nesta edición promovemos preferentemente a utilización dos medios electrónicos; se ben poderase optar pola presentación de traballos impresos, que recibiremos no Rexistro Xeral do Concello de Sarria ou no Centro de Información á Muller.

Un xurado valorará o contido, a mensaxe, interese, orixinalidade, calidade, o impacto e a presentación, e seleccionará un máximo de cinco traballos que se exporán ata o día 11 de decembro de 2015 na páxina de Facebook do Concello de Sarria para que poidan ser votados mediante o “Gústame". As votación pecharanse ás 14:00 horas.

Os premios entregaranse na semana anterior ao comezo das vacacións de Nadal no Salón de Plenos do Concello.
Os/as gañadores/as recibirán unha tableta. O segundo e terceiro premio serán vales en material escolar e/ou informático. O xurado resérvase o dereito de outorgar algún accésit como recoñecemento o esforzo e implicación dos/as participantes.

Ficha inscrición

Bases concurso

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio