Probas de avaliación en competencias clave |

Aberto ata o 2 de abril o prazo de inscrición para as probas de avaliación en competencias clave que convoca a Consellería de Economía, Emprego e Industria(Resolución do 26 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, DOG do 11 de marzo de 2016). Estes exames están dirixidos ás persoas que non posúan os requisitos académicos requiridos para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade.
As/os interesadas/os poderán tramitar a súa solicitude no departamento de orientación laboral do Centro de Información á Muller (CIM), situado na Casa do Marqués, rúa Matías López, 33.
As probas previse terán lugar na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra) o día 21 de maio e serán para os niveis de cualificación profesional 2 e 3. En concreto, para as competencias de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e lingua extranxeira (inglés).
A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que se vén realizando nos últimos anos en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. Unha das principais novidades que introducen é a de esixir uns requisitos de acceso para o alumnado, de xeito que aseguren que contan cunha formación mínima para seguir con aproveitamento a acción formativa na que participan.
Toda a información que se precise ao respecto destas probas pode consultarse no portal de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria , ou ben no departamento de orientación laboral do CIM en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

|