Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Curso Comercio Electrónico

 

Este curso forman parte dunha iniciativa posta en marcha pola Fegape (Federación Galega de Parques Empresariais) coa financiación da Consellería de Innovación e Industria. En total impartíronse en Sarria tres cursos de nove horas de duración cada un: Comercio Electrónico, DNI electrónico e Factura electrónica. Entregóuselle a cada asistente un lápiz de memoria, un DVD con ferramentas informáticas de software libre e, a maiores, aos asistentes ó curso de DNIe regalaráselles un lector de DNI dixital.

Nova data para o CURSO DE COMERCIO ELECTRÓNICO.

 2, 3 e 4 de decembro de 20:00 a 23:00 h. na Casa da Cultura.

Os interesados poden inscribirse no Concello de Sarria no teléfono 982 53 50 00, ou cubrindo o formulario web facendo click aquí, indicando un nº de teléfono de contacto.

Con esta iniciativa a Consellería e a Fegape pretenden apostar pola Sociedade da Información achegando aos empresarios, e a todos os cidadáns interesados, formación relativa ás novas tecnoloxías así como ferramentas útiles para o emprego das mesmas.


 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio