Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 09 | 2020
I Xornada-Congreso da Muller Inmigrante en Sarria
 

 

A Asociación de Inmigrantes da Comarca de Sarria AICOS,organizou o 25 de outubro, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Primeira Xornada-Congreso da Muller Inmigrante en Sarria Para impulsar e favorecer medidas así como buscar alternativas que eliminen as desventaxas e obstáculos engadidos que sofren as mulleres inmigrantes, establecendo as oportunas recomendacións sobre situacións e problemas de actualidade que afectan a estas como son:

Economía e Emprego, Violencia de Xénero, Educación e Formación, Participación e Exclusión Social.

 

 

Esta xornada foi inaugurada polo Sr. Alcalde do Concello de Sarria D. Claudio M. Garrido Martinez, celebrándose posteriormente as intervencións de tódolos ponentes que figuran no programa, rematando ca degustación de pinchos e tapas por parte de todos os asistentes.

 
 
  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio