Galician English French German Spanish
Inicio
20 | 06 | 2021
Representación teatral no I.E.S. Xograr Afonso
 
 
 

Gran acollida na representación teatral que tivo lugar o día 26 de novembro no I.E.S. Xograr Afonso, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero. 115 alumnos/as foron espectadores da obra "A vida de Rosa, día tras día", que escenificou a compañía Mariclown.

Con ela trasladouse o auditorio a historia dunha muller forzada a vivir segundo os cánones sociais establecidos. Unha crítica sarcástica e constructiva das actitudes individuais e sociais, que serve de base para a reflexión da problemática que exige unha maior inversión no área da educación e sensibilización.

A actividade foi organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) coa colaboración do Servizio Galego de Igualdade (SGI) da Xunta de Galicia.

 
 
  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio