Galician English French German Spanish
Inicio
20 | 06 | 2021
Gañadores Tapicheo
 
 

O Tapicheo 2008, organizado pola asociación O Porco Cebado e a delegación de Turismo do Concello xa ten gañador nas súas dúas categorías, o Bar Anduriña no apartado de innovación e o Cámping Vila de Sarria en sabor tradicional.

A tapa do Anduriña foi Nevado de ouro e a do Cámping Cervo con puré de castañas e arume á mel. A segunda posición en tradicional foi para o Mesón Roberto por Solombo de porco en salsa e en innovación para A Central con Zarzuela de peixes . O NH Hotel Alfonso IX levou os dous terceiros premios con C hipiróns recheos con arroz e Rabo de tenreira recheo con verduras braseadas .

O número de persoas que probaron as especialidades de todos os locais (23) ascendeu a algo máis de medio centenar. Co cartón selado puideron participar no sorteo dunha gran cesta con produtos tradicionais que correspondeu á vilalbesa Natalia González.

 
 
  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio