Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega
15 | 10 | 2019
Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega

 
Cursos de Galego

A Consellería de Educación convoca, con caracter gratuito, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos preparatorios poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.

Inscrición: www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

 

 

Máis información no DOG do 14 de agosto de 2018 e en http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

 

Xunta de Galicia

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio