Galician English French German Spanish
Inicio
15 | 10 | 2019
Listas definitivas do sorteo das prazas das Escolas Deportivas

 

Finalizado o sorteo publícanse para consulta os resultados de cada grupo no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sarria.

A formalización da matrícula realizarase entre os días 10 e 31 de outubro, presencialmente nas Oficinas municipais en horario de 09:00 ás 13:00 horas, cumprimentando o modelo normalizado de inscrición mediante domiciliación bancaria.

Se a persoa adxudicataria da praza non realiza a inscrición e pago no prazo establecido perderá o dereito á mesma, xestionándose a praza de conformidade co disposto a continuación para as listas de espera.
Comezo das actividades o día 21 de outubro de 2019.

Lista de espera: Prazo de chamada e ingreso das cotas  para as listas de espera a partires do 21 de outubro ata o 27 de decembro de 2019. No suposto de non poder contactar coa persoa darase de baixa na lista de espera nos seguintes supostos:
  • Ao non recibir resposta durante 24 horas tras deixar mensaxe no buzón de voz ou correo electrónico.
  • Ao non poder contactar coa persoa tras realizar tres intentos a distintas horas no prazo de 24 horas, se o interesado non dispón de buzón de voz nin correo electrónico.
  • O empregado público que realice o chamamento fará constar a circunstancia concorrente mediante dilixencia.
Esgotada a lista de reserva, as vacantes que se produzan cubriranse a medida que se reciban novas solicitudes . As persoas que se incorporen a un obradoiro de pago unha vez iniciado este, abonarán a cota íntegra.
Escolas Deportivas Municipais 2017/18

 

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio