Galician English French German Spanish
Inicio
19 | 12 | 2018
Exposición: "Auga. O Sangue da terra"

 

Exposición: "Auga. O Sangue da terra"

  • Días: 8 ao 28 de outubro
  • Horario: Luns a veres 9:30 a 13:30 e 16:30 a 20:00h.
  • Lugar: Sala de exposicións da Casa da Cultura.

Auga, o sangue da terra’ é unha exposición fotográfica que ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. O fotógrafo Manuel Valcárcel viaxou a algúns dos recunchos máis remotos do planeta azul: Nova Zelandia, o río  Ganges, as plantacións de arroz de China, Níxer ou o deserto de  Atacama, así como á lucense conca do río  Lor.

Lugares onde a presenza ou a ausencia da auga determinaron culturas, paisaxes e ecosistemas

"A auga é esencial para a vida, e é o denominador común de todos os retos do desenvolvemento sustentable.

Necesitamos auga para producir alimentos. Necesitamos auga para producir enerxía. Mellorar o acceso á  auga significa tamén que millóns de nenas poidan ir á escola en lugar de ter que andar quilómetros para chegar ao pozo. Significa mellorar a saúde materna, reducir a mortalidade infantil, preservar o medio ambiente [...]”
– Irina  Bokova, Directora Xeral da Unesco o 22/03/2014 en París, Francia.

 

 

 

 

Organiza:

Abanca. Obra Social

Colabora:

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio