Galician English French German Spanish
Inicio
16 | 07 | 2019
Apertura da Aula CeMIT de Sarria

 

CeMIT

A aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) de Sarria volve a abrir as súas portas co obxectivo de continuar reducindo a fenda dixital “de acceso ás TIC”, dotando á cidadanía dos coñecementos dixitais básicos para aprender e abordar con confianza e normalidade o uso das TIC.

 

Mentres non comece a nova programación de cursos que se fará pública nos próximos días, as usuarias e usuarios poden dispoñer dos equipos para uso libre todos os días en horario de 10:30 a 13:30 polas mañás, tamén se poderá facer uso das instalacións os luns, xoves e venres polas tardes de 16:00 a 18:45 h.

 

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre futuras actividades e cursos, poden dirixirse á Aula CeMIT de Sarria, sita na planta baixa da Casa da Cultura (Rúa Marqués de Ugena,  s/n), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nas páxinas web da rede CeMIT (cemit.xunta.gal) e  do Concello de Sarria (www.sarria.es)


 

Máis información escribindo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou na páxina web da Rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal

 

Centro Multimedia de Galicia

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio