Galician English French German Spanish
Inicio
25 | 08 | 2019
Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

No DOG núm. 14 do 21 de xaneiro publicouse a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais.


Esta orde ten por obxecto realizar a segunda convocatoria para o ano 2019, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 1.350 prazas, nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 5.150 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria persoas no domicilio. 300 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 250 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais. 225 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas. 225 prazas.
  • Tanatopraxia. 150 prazas.
  • Docencia da formación para o emprego. 100 prazas.
  • Operacións auxiliares de fabricación mecánica. 100 prazas.

O prazo de inscrición é desde o 22 de xaneiro de 2019 ao 11 de febreiro de 2019, ambos incluídos.

Presentación de solicitudes

1. As persoas interesadas en inscribirse nas cualificacións profesionais obxecto desta convocatoria deberán presentar a solicitude no modelo que figura no anexo III desta orde.

2. As persoas que xa presentasen documentación en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de emprego, nas cualificacións profesionais recollidas nesta convocatoria, non terán que achegar a documentación presentada anteriormente. Non obstante deberán presentar obrigatoriamente solicitude de inscrición segundo o modelo que figura como anexo III desta orde, e poderán achegar nova documentación que complete e/ou actualice a súa experiencia laboral ou a súa formación non formal.

3. Na solicitude consignaranse as unidades de competencia para as cales se solicita a súa inscrición no procedemento:

• As persoas interesadas só poderán realizar unha única solicitude de inscrición e en unidades de competencia que pertenzan á mesma cualificación profesional. Con carácter excepcional:

– No ámbito do socorrismo acuático poderá solicitarse, na mesma solicitude, a inscrición en unidades de competencia pertencentes ás cualificacións profesionais de Socorrismo en instalacións acuáticas (nivel 2) e Socorrismo en espazos acuáticos naturais (nivel 2).

4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de enviarse por correo, o envío da solicitude deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla da solicitude de inscrición, para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia compulsada da documentación que se precise.

Máis información no Servizo de Orientación Laboral do CIM.

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio