Galician English French German Spanish
Inicio
18 | 08 | 2019
Campamentos de Verán

 
Campamentos Acción de Verán 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019.

Servizos ofertados:

  1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  3. Manutención en réxime de pensión completa.
  4. O material necesario para a actividade.
  5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  7. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 11:00 e as 12:30 horas. A recollida terá lugar o último día da quenda entre as 16:00 e as 18:00h.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia.

Idades:

  • As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

Discapacidades:

  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
  • Facer constar a súa condición no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar. Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
  • Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Adxudicación das prazas

  • Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal cos seguintes códigos:

  • Solicitude individual: procedemento BS303A.
  • Solicitude múltiple: procedemento BS303F.

Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

  • Procedemento BS303G para solicitude individual
  • Procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

 

Orde DOG Luns, 22 de abril 2019

 

 

Máis información na OMIX do Concello de SARRIA  e no correo:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

OMIX

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio