Galician English French German Spanish
Inicio
18 | 08 | 2019
Obradoiro de nutrición saudable para nenos e nenas

 
Obradoiro de Nutrición para nenos e nenas

  • Día: 25 de maio 2019.
  • Hora: 12:00h.
  • Lugar: Praza de Abastos.
  • Para nenos e nenas de 3 a 14 anos.

Campaña internacional Quere o teu mercado.

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable.

Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.

Dende hai cinco anos a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por quinto ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organizaranse actividades en 86 mercados de Galicia, distribuidos por todo o territorio, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets


 

 

 

O teu mercado Praza de Abastos

 

Organiza:

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio