Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
15 | 10 | 2019
Actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

 
Obradoiros lúdico-educativos co alumnado dos centros do Concello de Sarria

O Concello de Sarria, a través do CIM, continúa a traballar cos centros educativos no importante labor da prevención. Unha vez máis, insistimos na importancia de unir esforzos e traballar conxuntamente co obxectivo de acabar coa violencia de xénero: Previr é a mellor ferramenta!

Co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, ao longo do mes de xuño desenvolvéranse obradoiros lúdico-educativos co alumnado dos centros educativos, dirixidos a prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero:

  • Venres 7, no colexio da Asunción de Sarria,
  • Mércores 12, no CEIP Antonio Fernández López de Oural,
  • Xoves 13, no CEIP Frei Luis de Granada,
  • Luns 17 e martes 18, no Colexio da Merced.

A esta iniciativa súmanse os centros educativos da comarca: o 20 e 22 de maio realizáronse no CEIP San Miguel de Paradela; o 4 de xuño, no CEIP de Samos; o 19 e 20 de xuño, no CPI Ramón Piñeiro de Láncara; e o 6 de xuño, no CEIP do Páramo.

A finalidade destes talleres é a de involucrar ao alumnado na importancia dos valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas;no respecto ás diferenzas individuais de cada persoa; e reflexionar sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, e as súas consecuencias.

 

Moitas grazas a todos os centros polo apoio que recibimos SEMPRE! E a todas as persoas que traballan cada día en prol dunha igualdade real!

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio