Galician English French German Spanish
Inicio
16 | 07 | 2019
Esmorga Dirt

 
Esmorga Dirt

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoán terá lugar un evento no que se mesturará gastronomía local, música, deporte e cultura urbana. Transcurrirá ubicado na praza da Vila, consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante as 12 da mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros durante todo o día, con franxas de práctica libre para os participantes sempre supervisadas por un monitor. (prestaranse cascos e táboas de skate)

Durante a comida, farase unha mostra de productos locais (varios negocios da vila presentarán productos da terra e poñerán a disposición un mercado para o que queira xantar ou degustar o producto local cociñado in situ) durante concertos nunha sesión vermú que contará coa participación do grupo de rockbilly Breakin Bones e a afamada artista Mounqup.

A media tarde darán comezo os entrenos de dirtjump, a Praza da Vila divídese en dous cunha liña de enormes saltos nos que entrenarán corredores de nivel profesional. Durante estos entrenos poderase ver entre o público exhibicións de Flatlance para posteriormente dar comezo o concurso de saltos e Best Trick.

Despois da entrega de premios xa de novo na zona gastronómica poderemos asistir a un espectáculo de 1 hora a cargo de Grison Beatbox, campeón do mundo de beatbox, actualmente colaborador do exitoso programa de televisión “La Resistencia” presentado por David Broncano.

A finalización comezarán os concertos no anfiteatro arrancando co considerado mellor grupo galego de Hip Hop : Dios ke te Crew. Tras o show de rap veremos un dos grupos galegos que máis destacan actualmente a nivel estatal: Novedades Carminha, esgotando a billeteira de salas como “Capitol” en Santiago e “La Riviera” en Madrid.

Para rematar contaremos coa actuación de Fonkid ,rendendo culto a música disco, funk e house.

 

 

 

Colabora:

DHG Team

Organizan:

Comeprima Producciones

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio