Galician English French German Spanish
Inicio
16 | 07 | 2019
O recuncho da comedia

 
Monólogo


Volve a Sarria, por cuarto ano consecutivo, “O Recuncho da Comedia” .  A cita será o luns 24 de xuño ás 21:00h na Praza da Vila

Un dos espectáculos de humor máis exitosos dos últimos tempos. Polo escenario do recuncho xa desfilaron artistas como Xosé A. Touriñán, David Amor, Miguel Lago, Javier Veiga ou Ledicia Sola entre moitos outros.

Este ano, o trío de cómicos que chega á Praza da Vila é de auténtico luxo :

Álex Clavero, Santi Rodríguez e Oswaldo Digón.

Álex Clavero, habitual do Clube da Comedia e de Comedy Central, veu medrar a súa fama coa participación todas as mañás no Francotirarock de Rock FM.

Santi Rodríguez, o fruteiro máis famoso do país,  chega por primeira vez a Sarria tras moitos anos triunfando por todos os platós e teatros de España-

Oswaldo Digon é un dos cómicos galegos máis valorados da actualidade. Protagonista do programa Malo será da TVG será o encargado de presentar a gala.

 

Entrada de balde

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio