Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Area de Baleirado de Autocaravanas
 

 

O Concello de Sarria acaba de finalizar as obras do Área de Baleirado de Autocaravanas ubicadas na C/Castelao, á beira do polideportivo novo, e na zona deportiva e recreativa do Chanto á beira e na contorna do río Sarria.

Nos próximos días procederase á inauguración e entrada en servizo desta Área de Baleirado de Autocaravana.

Esta importante obra foi realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo dá Consellería de Industria da Xunta de Galicia, que financiou con 23.315 € a execución da obra, que conta con todos os servizos necesarios para a hixiene e sanidade das autocaravanas, e dá cumprimento ao compromiso adquirido por este goberno municipal coas Asociacións de Autocaravanas, para que Sarria como centro da comarca de Sarria, e sobre todo vila máis importante do Camiño de Francés, poida ofrecer a todos os que o necesiten este importante servizo.

 
 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio