Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Escape Room. Camiños de Ciencia
22 | 09 | 2019
Escape Room. Camiños de Ciencia

 
Sala de Escape. Caminos de Ciencia

  • Día: Venres 6 de setembro.
  • Lugar: Casa da Cultura.

 

Camiños de Ciencia é un proxecto de divulgación científica organizado pola empresa  Ceo Aberto e que conta co patrocinio e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O proxecto consiste na celebración dunha actividade de Escape  Room que se desenvolverá en diferentes municipios do Camiño de Santiago.

 

E que é unha Escape  Room?

As Escape  Rooms foron concibidas inicialmente como un xogo para público xuvenil e adulto no que un grupo reducido de persoas é encerrado nun espazo e dispoñen dun tempo limitado para saír del. Para iso, deben resolver quebracabezas, superar retos e enfrontarse a enigmas.

Nos últimos anos convertéronse tamén nunha excelente ferramenta para a transmisión de coñecemento, incorporándose en actividades formativas xerais e de educación regrada pola gran motivación e entusiasmo que esperta en público de todas as idades.

 

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio