Galician English French German Spanish
Inicio
12 | 11 | 2019
Normas para a adxudicación das prazas das Escolas Deportivas Municipais

 
Escolas Deportivas Municipais 2017/18

 

As presentes normas teñen por obxecto regular as condicións que rexerán o sorteo, adxudicación de prazas e formalización da matrícula das Escolas Deportivas para Adultos 2019-2020 ofertadas polo Concello de Sarria.

  1. Poderán participar no sorteo todos os alumnos preinscritos, dentro do prazo de preinscrición do 20 de setembro ao 4 de outurbro (ambos incluídos), de acordo coas normas publicadas relativas ás Escolas Deportivas Municipais 2018/2019.
  2. As datas sinaladas anteriormente para as actividades adultos deportes son de preinscrición. No caso de realizarse un maior número de preinscricións que de prazas dispoñibles, procederase a realizar un sorteo público. A preinscrición pódese formalizar mediante a presentación do formulario na páxina web do concello o presencialmente na O.M.I.X. do Concello, en horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas.
  3. Limitación de solicitudes: non haberá límite de solicitudes pero despois do sorteo soamente se poderá formalizar a matrícula dun máximo de dúas actividades de diferentes disciplinas.
  4. O día 7 de outubro a partirés da 13:00 horas exporanse ao público as listas de admitidos  para o sorteo no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sarria.
  5. O sorteo terá lugar mediante acto público o día 9 de outubro ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Publicaranse na páxina web e no taboleiro do Concello o día 10 de outubro ás 14:00 horas. Os afortunados terán entre os días 10 e 31 de outubro para formalizar a súa matrícula, presencialmente nas Oficinas municipais en horario de 09:00 ás 13:00 horas, cumprimentando o modelo normalizado de inscrición mediante domiciliación bancaria.
  6. Se a persoa adxudicataria da praza non realiza a inscrición e pago no prazo establecido perderá o dereito á mesma, xestionándose a praza de conformidade co disposto a continuación para as listas de espera.
  7. Comezo das actividades o día 21 de outubro de 2019.
  8. Lista de espera: Prazo de chamada e ingreso das cotas para as listas de espera a partires do 21 de outubro ata o 27 de decembro de 2019. No suposto de non poder contactar coa persoa darase de baixa na lista de espera nos seguintes supostos:
    • Ao non recibir resposta durante 24 horas tras deixar mensaxe no buzón de voz ou correo electrónico.
    • Ao non poder contactar coa persoa tras realizar tres intentos a distintas horas no prazo de 24 horas, se o interesado non dispón de buzón de voz nin correo electrónico.
    • O empregado público que realice o chamamento fará constar a circunstancia concorrente.
  9. Esgotada a lista de reserva, as vacantes que se produzan cubriranse a medida que se reciban novas solicitudes .
  10. As persoas que se incorporen a un obradoiro de pago unha vez iniciado este, abonarán a cota íntegra.
----
----

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio