Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura XXIV Xornadas Micolóxicas
16 | 12 | 2019
XXIV Xornadas Micolóxicas

 
XXIV Xornadas micolóxicas

 

 

A Asociación Micolóxica  A Muiñeira celebra as súas tradicionais xornadas de identificación de cogomelos de outono os días 15 e 19 de novembro.

As actividades previstas consisten nunha conferencia de iniciación á micoloxía, dúas saídas ao campo guiadas por expertos para recoñecer os cogomelos no seu ecosistema rematando con comida campestre, máis unha exposición do material recollido.

Para participar non se precisa ser socio, xa que a asociación se propón entre os seus obxectivos a divulgación dos coñecementos nesta materia.

Tamén se pretende animar aos centros educativos da comarca a que acheguen aos seus alumnos á exposición, da que se pode facer unha visita guiada, para favorecer o seu coñecemento do medio neste aspecto.

 

 

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio