Galician English French German Spanish
Inicio
07 | 04 | 2020
Bando: Medidas Situación Sanitaria

 
Concello de Sarria

Ata novo aviso e de acordo co bando de alcaldía do 12 de marzo, única e exclusivamente atenderase aos cidadáns previa cita.  (teléfono: 982 535 000)  quedan exceptuados os servizos de rexistro e padrón, que non sufrirán alteración algunha.

DOG medidas CECOP

Resumo FEGAMP medidas CECOP

Don Claudio Garrido Martínez, Alcalde – Presidente do Concello de Sarria, Provincia de Lugo.

FAGO SABER

Que á vista da situación sanitaria actual e en consonancia coas medidas acordadas no día de hoxe pola Xunta de Galicia, adoptáronse as seguintes medidas preventivas, que entrarán en vigor mañá venres día 13 e perdudarán ata novo aviso:

  1. Pechar ao público todos os servizos municipais, salvo os básicos e para cuestións de urxencia.
  2. Peche de todas as instalacións deportivas (Pavillóns municipais e piscinas) e dos centros de maiores ( Breogáns, Asociación de Viúvas) e da Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e Escola de Música.
  3. Cesamento de todas as actividades deportivas, culturais e sociais programadas e/ou previstas.

Recomendamos ademais:

  1. Seguir as instrucións do Ministerio de Sanidade e a Concellería de Sanidade, especialmente no concernente a limpeza e aseo e reunións superiores a 50 persóas.
  2. Utilizar, se é posible, o teléfono e evitar desprazamentos.

Estamos ante unha situación que entre todos seremos capaces de superar se seguimos as directrices, recomendacións e ordes dos expertos. Sen medo pero con precaución.

Bando: Situación Sanitaria

 

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

O ALCALDE – PRESIDENTE

Asdo.: Claudio Garrido Martínez

Concello de Sarria

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

Sarria, a 02 de febreiro de 2016

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio