Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Celebración Día Internacional do Libro
01 | 06 | 2020
Celebración Día Internacional do Libro

 
Concello de Sarria

O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro, destinado a fomentar a lectura e o respeto aos autores en todo o mundo. Celébrase o 23 de abril porque ese día, en 1616 falecían Miguel de Cervantes e Wiliam Shakespeare, así que parece que está ben elexido (Unesco, 1926).

Na vila temos librerías onde mercar libros nestes días e seguro que en breve estarán todas abertas, podedes regalar un vale agora e entrégalo en canto poidades. Acordádevos de elas!

Por desgracia, temos a Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar pechada e non sabemos  ata cando, pero a rede de bibliotecas de Galicia pon a nosa disposición o seu catálogo de libros e películas en formato dixital para disfrutar en casa en http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18643-libros-e-peliculas-online.

Radio  Bolboreta, o programa radiofónico  do IES Gregorio Fernández de Sarria, dispoñible en  Ivoox. Aínda que sempre entretido e enriquecedor e, por tanto, sempre recomendable, levan un total de sete programas nestes días de confinamento e farán un especial o día 23. Podedes seguilos na páxina de facebook de radio Bolboreta.

Desde o Concello tamén queremos poñer o noso granito de area. A nosa proposta é a seguinte:

Envía unha foto mediante WhatsApp ao 646 896 480 co que esteas a ler actualmente, dá igual se es maior, median@ ou pequen@ e se les en solitario ou en compañía: faremos unha montaxe con todas as fotos e publicarémolo ao longo do día 23. Entre todos os participantes sortearemos un lote de libros. Podemos chamarlle #QueEstasALer?. Animádevos!

Aquí tedes unha mostra, pero estes non entran no sorteo...
#QueEstasALer?

Día Internacional do Libro 2020

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio