Galician English French German Spanish
Inicio Concello Deporte Solicitude de uso de instalacións deportivas
28 | 10 | 2021
Solicitude de uso de instalacións deportivas

 
Concello de Sarria

A concelleria de deportes abre o prazo para a solicitude da utilización das instalacións deportivas municipais para clubes federados para a tempada 2020/2021.

Solicitude:

  • De maneira presencial nas Oficinas do Rexistro Municipal, en horario de atención ao público, presentando o impreso de Solicitude de Instancia xeral.
  • De maneira telemática a través da Sede electrónica do Concello de Sarria www.sede.sarria.es

Prazo: ata o día 31 de agosto de 2020 incluído.

Documentación que debe achegarse xunto á solicitudee para a súa tramitación:

  • Nome ou razón social da asociación ou club
  • Cif da entidade
  • Domicilio social
  • Localidade
  • Telefóno de contacto
  1. Preferencias de horarios para os adestramentos.
  2. Número de deportistas participando na competición.
  3. Número de licencias federativas en deporte feminino.
  4. Número de licencias federativas menores de idade (deporte de base).
  5. Número licencias e de persoas que practique deporte adaptado.
  6. Número de socios
  7. Categorías deportivas (proxección deportiva e continuidade).
  8. Antigüidade do club deportivo.
  9. Utilidade deportiva ou social no Concello de Sarria.
  10. Fotocopia do documento acreditativo de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.
  11. Certificado do secretario da entidade deportiva, coa listaxe nominal de cada deportista coa categoría na que compite e data de nacemento de cada  un, ou  fotocopia da licenza federativa en vigor da Federación Deportiva correspondente, de cada deportista beneficiario.
  12. Certificado do secretario de que os deportistas representen  a un club federado no Concello de Sarria.
  13. Presentación protocolo sanitario Covid 19 , con medidas a realizar para a celebración dos adestramentos, adaptados ás indicacións das súas diferentes federacións deportivas.
  14. Compromiso asinado polo club/asociación comprometendose a realizar todas as medidas que se indiquen por parte do Concello, así como os protocolos presentados por cada entidade deportiva, para o bo desenvolvemento das actividades.* Debido a situación sanitaria provocada polo Covid-19 todos os horarios das instalacións así como o comenzo das actividades deportivas nas instalación municipais,  estan supeditados a cambios que se poidan producir.

Os datos recompilados serán tratados de acordo á Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos - Garantía de dereitos dixitais. O seu obxecto será facilitar a xestión, tanto das Instalacións , como dos Cursos, Actividades e Competicións que se organicen.

Debido a situación sanitaria provocada polo Covid-19 todos os horarios das instalacións así como o comenzo das actividades deportivas nas instalación municipais,  estan supeditados a cambios que se poidan producir.

 

Delegación de Deportes do Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio