Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Obra de Teatro: "Sénior"
30 | 09 | 2020
Obra de Teatro: "Sénior"

 
Obra de teatro: "Sénior"

 

O vindeiro domingo, 6 de setembro, ás 21:00 horas, representarase a obra "Sénior" na Praza da Vila, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos actores Luis Iglesias e Marcos Orsi como protagonistas.


Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

 

 

Non é preciso reservar entrada, pero o acceso será por riguroso orde e ata compretar o aforo.

 

 

Delegación de Cultura do Concello de Sarria

Xunta de Galicia

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio