Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura XX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
29 | 11 | 2020
XX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

 
XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a A. C. Ergueitas convocan o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Esta será a edición número 20, que este ano está condicionada pola situación sanitaria, xa que a pandemia afectou á vida cultural tanto como á vida cotiá e profesional. A situación obrigou a aprazar a convocatoria do premio e agora sae unha convocatoria que terá que realizarse nuns prazos moi diferentes dos que adoitamos. Aínda así imos adiante e facemos un esforzo para non deixar este ano sen que o Fiz Vergara nos agasalle cun poemario que poña, de seguro, un pouco de luz nestes tempos tan escuros.

 

O prazo de presentación de orixinais remata o 18 de novembro e o ditame terá lugar antes de que finalice o ano 2020.

Bases XX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

 

A.C. Ergueitos

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio