Galician English French German Spanish
Inicio
24 | 01 | 2021
Pásate a compostaxe doméstica

 
Programa de compostaxe doméstico de SOGAMA

O Concello de Sarria aposta firmemente polo medio ambiente e a sostenibilidade. Agora temos a oportunidade de avanzar cara ao verde da man de Sogama, que nos subministrará 50 composteiros de 390 litros fabricados con materiais reciclados e reciclables cos seus correspondentes manuais de compostaxe.

Poderán utilizarse por todos os sarriaos que teñan unha pequena horta ou xardín onde despois reutilizarán o compost que produzan.

Todos os interesados poden acceder ao formulario de solicitude e presentalo debidamente cumprimentado no rexistro de entrada ou en sede electrónica ata o 29 de xaneiro de 2021.

A adxudicación dos composteiros farase por rigorosa orde de presentación e comunicarase persoalmente aos interesados.

O mesmo día da entrega dos composteiros e o seu correspondente manual ofrecerase un curso aos adxudicatarios.

 

 

Solicitude composteiro para a súa utilización

Informamos que xa se completou a lista de solicitude dos composteiros. Dende agora, todas as solicitudes que se reciban quedaran en lista de espera

 

Delegación de Medio Ambiente do Concello de Sarria SOGAMA

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio